11:00 hasta las 19:00
Sábado 18-PONTEVEDRA- Que significa convivir cunha persoa con TEAF?

Sábado 18-PONTEVEDRA- Que significa convivir cunha persoa con TEAF?

Temos o pracer de presentarvos unha nova xornada do "Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas" que terá lugar na Casazul en Pontevedra o sábado 18 de NOVEMBRO, e que ten por título:

QUE SIGNIFICA CONVIVIR CUNHA PERSOA CON TEAF?

A cargo de MARTA ASTALS VIZCAÍNO Licenciada en Psicoloxía, Universitat Autònoma de Barcelona Mestrado en Dificultades de Aprendizaxe e Trastornos da Linguaxe, Universitat Oberta de Catalunya. Psicóloga do Grup de Recerca Infancia i Entorn (GRIE), Servicio de Neonatología, Hospital Clínic-Maternitat, IDIBAPS, ICGON, BCNatal, Barcelona.

e OSCAR GARCÍA-ALGAR Médico e pediatra. Xefe do servizo de neonatoloxía, Hospital Clínic-Maternitat, Barcelona, ICGON (Institut Clínic de Ginecologia, Obstetrícia i Neonatologia), BCNatal (Centre de Medicamento Maternofetal i Neonatal de Barcelona, Hospital Sant Joan de Déu, Hospital Clínic). Foi coordinador de urxencias de pediatría do Hospital do Mar de Barcelona. Profesor Asociado Médico de Pediatría, Universitat Autònoma de Barcelona (UAB). Coordinador do Grup de Recerca Infancia i Entorn (GRIE), IDIBAPS. Anteriormente: IMIM (Instituto Hospital do Mar de Investigacións Médicas).

Actividade PECHADA para as familias afectadas polo TEAF, ou que pensen que poden estalo, sexan ou non socias de MANAIA.

IMPORTANTE: Obrigatoria a inscripción cubrindo o seguinte cuestionario: https://forms.gle/XVZHhiqA496KZYY98

CHARLA/COLOQUIO - 11:00 a 14:00 Sala Almofrei “Unha persoa con TEAF é como unha lámpada frouxa. Ás veces funciona perfectamente e brilla todo o día, outros días capelexa e apágase. Logo están os días en que non importa o que se faga… a luz non acende” Jeff Nobre

É habitual que as estratexias parentais útiles noutras nenas e nenos non sexan eficaces en nenas e nenos con TEAF e de feito as técnicas que funcionan nunha persoa afectada poden non ser igual de eficaces noutra co mesmo trastorno. No Obradoiro de Familias trataranse as diferentes ferramentas que permitan convivir co TEAF e axudar a mellorar a calidade de vida das nenas e menos afectados, pero tamén a das coidadoras e coidadores

XANTAR/PICNIC - 14:30 a 16:30 Ao remate da charla, como ven sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic nas instalacións da Casazul onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

OBRADOIRO Familias axudando ás familias - 16:30 a 19:00 Sala Almofrei Neste obradoiro tentaremos ver como as experiencias de unhas familias poden ser moi importantes para outras familias.

LUDOTECA De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 Servizo de ludoteca de balde

ESPERÁMOSVOS!!!!

Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

Máis información en http://www.manaia.gal/ - https://www.facebook.com/adopcionmanaia - manaia@manaia.gal - 688 927 124

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android