Biblioteca Pública Municipal Xela Arias de Chapela
Camiño do Piñeiral, 22 - Redondela Ver web
As Bibliotecas Municipais de Redondela volvemos estar presentes na programación de actos que o Concello de Redondela ten organizados para reivindicar o 25 de Novembro como o Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
O venres 1 de decembro ás 18:30 h. poderedes gozar connosco do espectáculo "Sen medo", da compañía Trécola Teatro.
Unha proposta para nenas e nenos a partir de 3 anos.
A entrada é de balde ata completar localidades. Recomendamos que vos inscribades previamente na biblioteca Xela Arias:
- Teléfono: 986-454-226 - Correo-e: bibliotecachapela@gmail.com
Camiño do Piñeiral, 22 - Redondela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar