17:00
Picasso e as cores, obradoiro infantil de ciencia e arte

Picasso e as cores, obradoiro infantil de ciencia e arte

As Bibliotecas Municipais de Redondela sumámonos á celebración do 50 aniversario do pasamento de Pablo Picasso, e farémolo precisamente no mes de novembro, por ser o Mes das Ciencia en Galego nas Bibliotecas, e porque a nosa proposta é un obradoiro que mestura ARTE e CIENCIA.

Nenas e nenos de entre 5 e 10 anos están convidados a participar nun taller organizado pola artista e docente Macarena González, para coñecer a este importantísimo artista do século XX, tan relevante na evolución da arte ata os nosos días.

A actividade terá lugar o luns 20 de novembro, desde as 17:00 ata as 19:00 h., na Biblioteca Xela Arias de Chapela.

Para participar é preciso inscribirse na Biblioteca Xela Arias: tlf: 986-454-226, correo: bibliotecachapela@redondela.gal

+ INFO: https://bibliotecas.redondela.gal/picasso-e-as-cores-novo-obradoiro-infantil-na-biblioteca-de-chapela

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android