Biblioteca Valle-Inclán | Bibliotecas Redondela
Paseo da Xunqueira, SN, Edificio Multiusos - Redondela Ver web
Dentro da programación municipal do 8 de marzo, a Biblioteca Xela Arias de Chapela ofrece un contacontos coa magnífica Raquel Queizás.
O espectáculo leva o título Somos iguais e terá lugar no Auditorio do Multiúsos de Chapela, o martes 7 de marzo, ás 18:30 h.
“Descubriremos historias de nenas e nenos (ou animais) que rompen os estereotipos que abundan nos contos; nenas decididas, nenos sensibles. Identificaremos situacións as que nos temos que enfrontar día a día, na escola, na casa, cos amigos, …onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter solución grazas a palabra e gozaremos brincando coa imaxinación que nos une”.
Actividade para público familiar a partir dos 3 anos, con entrada libre ata completar localidades.
Un espectáculo para desmontar os estereotipos que dificultan a convivencia pacífica entre nenas e nenos.
https://bibliotecas.redondela.gal/contacontos-pola-igualdade-na-biblioteca-xela-arias/
Paseo da Xunqueira, SN, Edificio Multiusos - Redondela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar