17:30
CONTACONTOS- Chimpo de ra

CONTACONTOS- Chimpo de ra

con Raquel Queizás

Venres 29 de setembro, ás 17:30 h. Crianzas de 1 a 4 anos Na Sala Infantil da Biblioteca Municipal de Redondela Inscrición previa na biblioteca . De balde

A actividade desenvólvese dentro do programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia

“Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequeno ata as cousas máis sinxelas se converten en todo un reto. Através de diferentes contos, cantigas, enredos, dun xeito lúdico, xogando, aprendemos na nosa lingua a coñecer o mundo que nos rodea. E así divertíndonos ensinamos aos máis cativos a presumir de lingua propia.”

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android