Biblioteca Valle-Inclán | Bibliotecas Redondela
Paseo da Xunqueira, SN, Edificio Multiusos - Redondela Ver web
Contacontos para público familiar que ofrece a Biblioteca Xela Arias de Chapela para festexar o 24 de outubro: Día das Bibliotecas.
Unha obra marabillosa da man da titiriteira Carmen Domech.
“Nesta historia Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais”.
O espectáculo é de balde e con entrada limitada. Para asistir teredes que recoller previamente un pase na biblioteca. Estes entregaranse media hora antes da hora do comezo do espectáculo.
A actividade realízase na biblioteca a través do programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia.
Paseo da Xunqueira, SN, Edificio Multiusos - Redondela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar