Biblioteca Valle-Inclán | Bibliotecas Redondela
Paseo da Xunqueira, SN, Edificio Multiusos - Redondela Ver web
Neste mes de febreiro, e dentro do espazo Aquí sí hai quen escriba, a Biblioteca Xela Arias de Chapela convoca unha nova sesión na que dar a coñecer a producción escrita ou a creación noutros eidos, de veciños, veciñas e persoas da nosa contorna máis próxima.
Nesta nova xeira contaremos con Anxos Castro, escritora boiresa e chapeleira de corazón, que achegará a súa poesía ao público da nosa biblioteca. Farao da man da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e mais de Estrella Iglesias Durán, gaiteira durante moitos anos do grupo folclórico Anaquiños.
Xoves 22 de febreiro, ás 20:00 h. na Biblioteca Xela Arias de Chapela.
A autora presentaranos o seu primeiro poemario, chamado “Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas”, e no que recolle poemas escritos ao longo de diferentes etapas da súa vida.
Un poemario que ten fondo vencello coa escrita de Rosalía de Castro, da que tamén festexamos o seu día.
Paseo da Xunqueira, SN, Edificio Multiusos - Redondela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar