Teatro Principal de Santiago de Compostela
Rúa Nova, 21 - Santiago de Compostela Ver web
CARAMUXO TEATRO
Idade recomendada: >6 anos
Duración: 50 min
Lingua: galego
Crisálida é un espectáculo que quere poñer en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado. A necesidade da existencia deses espazos que axudan a crear comunidade. Unha historia coa que queremos facerlle unha pequena homenaxe a esas persoas que fan as nosas cidades máis vivas.
Historias como as da mercería Crisálida amósannos que este tipo de negocios, máis baseados nas relacións humanas e non só no beneficio económico, deben protexerse e recuperarse. Son parte do noso patrimonio e por iso, no 20 aniversario como compañía teatral, queremos celebralo con eles.
Directora: Olga Margallo
Elenco: Laura Sarasola Pontón, Josito Porto, Juan Rodríguez, Anahí Taraburelli
Vestiario: Diego Valeiras
Monicreques: Iker Pérez
Banda sonora orixinal: Tito Barbeito
Máscaras: Antía Ferrer
Escenografía: Diego Valeiras
Deseño de iluminación e técnico: Suso Jalda
Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/cris%C3%A1lida
Rúa Nova, 21 - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar