20:30
GRUPO OURIOL. RITOS DE RESISTENCIA

GRUPO OURIOL. RITOS DE RESISTENCIA

Ritos de resistencia é un recital multidisciplinar (poesía, música e imaxe) que ten como eixo central os poemas de Luísa Villalta, autora homenaxeada neste ano 2024 co Día das Letras Galegas. O recital, dunha duración aproximada de 60 minutos, consiste no recitado dos poemas por parte da poeta e comunicadora Eva Veiga, ao tempo que os músicos Bernardo Martínez (percusión e xoguetes musicais) e Fito Ares ( frauta e saxo soprano) inter-actúan de forma instantánea coa palabra a través das suxestivas sonoridades dos instrumentos. Neste sentido, son fundamentais tanto a concentración-constelación sonora como o silencio. Asemade, durante o recital proxéctanse as imaxes realizadas para o evento polo recoñecido artista Alfonso Costa. Trátase, en última instancia, de sentir e ofrecer unha experiencia estética o más integral posible en total conexión co público. A escolla dos poemas vén realizada pola propia recitadora Eva Veiga quen asemade, é boa coñecedora da obra poética villaltiana sobre a que ten publicado diferentes estudos.
No recital participan:
• Bernardo Martínez e Fito Ares na parte musical
• Alfonso Costa na proxección de imaxes
• Eva Veiga a voz recitadora.

Grupo Ouriol

Aínda que os seus integrantes veñen desenvolvendo por separado unha longa e frutífera traxectoria profesional, avalada en cadanseu caso con importantes recoñecementos, o Grupo Ouriol constituíuse como tal no ano 2003. Dende entón vén realizando proxectos moi diferentes, mais co denominador común de conxugar música, imaxe e palabra poética nun mesmo espazo e nun mesmo tempo co fin de acadar unha experiencia estética o máis integral posible.

O seu repertorio é numeroso e abrangue a poetas doutras linguas. De igual modo teñen actuado en escenarios de toda Galicia e tamén noutros de Madrid, Málaga, Barcelona, Donostia, Xaén, Bos Aires, Montevideo, La Habana, etc.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/ouriol-ritos-de-resistencia
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android