20:30
O PUNTO IMPROPIO

O PUNTO IMPROPIO

JAVIER MARTÍN

Idade recomendada: >12 anos
Duración: 60 min
Lingua: galego

#posfunción: o 3 de maio ao remate do espectáculo

O punto impropio [A/S/V] elabora movemento, son e imaxe en tempo real: unha sorte de rexistro e composición auditiva (A), somática (S) e visual (V) que, en exercicio resoante, activa e resignifica a coreografía.

Un corpo no esforzo de percibirse a si propio, que nos comparte as súas aproximacións, descubertas e revelacións. A entrada a un laboratorio no que a percepción se distorsiona e afina á vez, propoñendo novas sensibilidades. Unha experiencia que cuestiona o eu percibido, a identidade construída con base en proxeccións asumidas. Un desprazamento cara a outras posibles versións: canto de nós nos é alleo? que é o verdadeiramente propio e onde o atopamos? Concepto e movemento: Javier Martín Produción e acompañamento: Sabela Mendoza Deseño sonoro: Adolfo García Iluminación: Octavio Mas Acompañamento coreográfico: Pep Ramis

Concepto sonoro e artefacto escénico: Javier Martín

Vídeo e fotografía: Leo López

Vestiario: Ferdy, Cremallera Studio, Anna Whirling

Cámara anecoica: Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, Atlanttic - Universidade de Vigo

Residencias artísticas: Etopía Centro de Arte y Tecnología: Trayectos (Zaragoza); L’animal a l’esquena (Girona); Guelra, Gnration (Braga); A Casa Vella (Amiadoso)

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/o-punto-impropio
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android