20:30
CEIBE

CEIBE

FRAN SIEIRA COMPAÑÍA DE DANZA

Idade recomendada: >12 anos
Duración: 60 min
Idioma: galego
Foco NeoTrad

Ceibe é unha obra de baile e música tradicional que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición.

Ceibe traballa sobre o xénero e as súas formas de operar en diferentes ámbitos do día a día, incluíndo unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional.

Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente para establecer distancia coa normalidade e arrastrala cara ás marxes, e dende aí formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. Cuestiona, por tanto, as identidades de xénero normativas e hexemónicas para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.

Elenco: Cristina Canosa Prado, Aida Tarrío Torrado, Adela Otero Vázquez, Sabela Domínguez Pérez, Artur Pastoriza Puga, Martín Mondragón Rivadulla, André Adrio Rodríguez, Patricia Sánchez Seoane

Dirección: Sergio R. Suárez

Codirección artística: Fran Sieira

Bailarín: Sergio R. Suárez

Asesoras de dirección artística: Andrea Quintana e Gena Baamonde

Deseño do espazo escénico: Laura R. Iturralde

Iluminación: Fidel Vázquez

Música: MounCup e Carlos Quintá

Espazo sonoro: Isaac Millán (sons en directo)

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/ceibe
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android