N/D
25 anos sen Torrente Ballester

25 anos sen Torrente Ballester

O 27 de xaneiro fai 25 anos que nos deixou Gonzalo Torrente Ballester.

Natural de Serantes, no concello de Ferrol, foi escritor, guionista, xornalista, dramaturgo, crítico literario e tradutor. Entre outros recoñecementos recibiu o Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Nacional de Narrativa.

Gonzalo tivo moita relación con Santiago, cidade na que viviu, estudou e traballou, sendo recoñecido como Doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela.

Para conmemorar este aniversario facemos unha mostra coas obras do autor que temos na nosa colección.

Pode visitarse no 2º andar da biblioteca durante o horario de apertura.

Fuente: https://rbgalicia.xunta.gal/gl/actualidade/axenda/25-anos-sen-torrente-ballester-0
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android