Grande atrevemento é sen dúbida que, na súa sexta edición, o Festival Rosalía se encha de sol, harmonía e naturalidade, para celebrar novas e diversas creatividades en lingua galega. Durante dúas xornadas daranse a coñecer belezas de primeira orde: poesía, teatro, música e artesanía de inspiración fecunda, que dan nova dimensión á nosa lin gua e á propia Rosalía*. *Texto inspirado no prólogo de Rosalía de Castro á súa obra Cantares Gallegos (1863). A Deputación da Coruña, por medio da Área de Lingua, en colaboración con Concello de Santiago, queren tamén nesta nova edición festexar o 187 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, cuxa imaxe continúa a enriquecerse á medida que medra a nosa cultura. O festival terá lugar os días 23 e 24 de febreiro na Praza de Mazarelos (Santiago de Compostela) e todas as actividades serán de balde. Programa completo:https://www.dacoruna.gal/files/5717/0679/2909/Programa-Man_FR_2024_web.pdf
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar