11:30 hasta las 19:00
Domingo 3 - SANTIAGO - Habilidades e estratexias efectivas na promoción da Crianza Terapéutica

Domingo 3 - SANTIAGO - Habilidades e estratexias efectivas na promoción da Crianza Terapéutica

Temos o pracer de presentarvos outra actividade do "Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas e acolledoras" que terá lugar no Centro Don Bosco de Santiago o vindeiro domingo 3 de marzo co título:

FORMACIÓN E SUPERVISIÓN INTENSIVA EN HABILIDADES E EXTRATEXIAS EFECTIVAS NA PROMOCIÓN DA CRIANZA TERAPEÚTICA

Actividade EXCLUSIVA PARA FAMILIAS SOCIAS. Só contamos con 20 prazas polo que para participar haberá que cubrir o cuestionario enviado a lista de correo da asociación.

A cargo de IÑIGO MTZ. DE MANDOJANA Psicopedagogo, educador social e formador. Adicou máis de dúas décadas ao traballo con nenas, nenos e adolescentes e familias en especial con aqueles en situación de desvantaxe socio-emocional a través do medio aberto, no ámbito residencial e agora mesmo nun Centro de Preservación Familiar. Especialista en Parentalidade positiva e Resiliencia aposta sempre pola renovación e a mellora social. É o escritor dos libros "Profesionales portadores de Oxitocina: los buenos tratos profesionales" e "Pero a tu lado: De la parentalidad positiva a la crianza terapéutica". Acompaña tanto a nais e pais como a profesionais na arte da crianza positiva e terapéutica a través de conferencias, cursos de formación, talleres... É membro da Asociación Educativa Biraka http://www.biraka.org/

Nesta proposta de acompañamento preténdese poñer o foco nas persoas adultas, as nais e pais, partes máis estables e máis referenciales na relación terapéutica. A maioría destes activos participaron en accións formativas de trauma, resiliencia, crianza terapéutica etc... e pode ser un bo momento para facer un recoñecemento de aspectos que están a bloquear ou dificultar unha maior competencia a nivel parental e marental, así como fortalecer aqueles que a promoven e facilítana.

Desta vez, a idea é buscar de manea intensiva un espazo de formación e acompañamento supervisado, continuando con toda a dimensión da crianza terapéutica aplicada ao acollemento e a adopción.

Esta actividade, exclusiva para un pequeno grupo de persoas socias de MANAIA, baséase na supervisión como xeito de incorporar todo o aprendido nela ao día a día, desde a parte máis técnica á máis persoal e profesional. Para iso dedicarase a maior parte da sesión ao recoñecemento, o adestramento e formación de conceptos e estratexias que melloren a atención e acompañamento aos seus fillos e fillas. Repasaremos tamén, e veremos aspectos e claves novas, e sobre todo poñerémolas en práctica dunha maneira segura e coidadosa. Así mesmo, haberá un traballo intensivo ao redor das fortalezas intra psíquicas de cada persoa e de como inflúen e dan sentido á intervención no contexto de acollemento residencial.

O propio grupo, un grupo seguro, de socios e socias que se coñecen e que se perciben como facilitadoras axudará a cada membro a reflexionar, mobilizar e integrar novas dimensións da crianza desde o intercambio de experiencias, vivencias e casos concretos.

OBRADOIRO 1ª parte 11:30 a 14:00

XANTAR/PICNIC 14:00 a 16:30 Ao remate da 1ª parte, como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

OBRADOIRO 2ª parte 16:30 a 19:00

NESTA ACTIVIDADE NON CONTAREMOS CON SERVIZO DE LUDOTECA

ESPERÁMOSVOS!!!!

Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia.

Máis información en http://www.manaia.gal/ - https://www.facebook.com/adopcionmanaia - manaia@manaia.gal - 688 927 124

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android