Grupo de música extremo festeiro de repertorio taquicárdico, que vai das melodias balcánicas a coñecidas pezas da música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, aportandolle sempre o espírito necesario para o baile e a festa.
A banda está integrada por instrumentos de vento-metal e percusións varias. A formación principal a compoñen: trompeta, clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa re-adornada, timbais e bombo-platos.
As influencias musicais son varias, comeza polas fanfarrias de europa do leste, os “Brass ensembles” de New Orleans, as charangas carnavalescas caribeñas e brasileiras, e a música tradicional galega.
Ninguén queda impasible e moito menos inmóbil co brutal espectáculo que ofrece este particular conxunto musical. Con eles un pode saber cando comeza a música e a festa pero non cando remata
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar