23:00
Fire performance

Fire performance

O lume sempre foi usado en cerimonias de miles de pobos, e culturas dos nosos antepasados. É un elemento sacro, ademais da súa utilidade para a supervivencia esta presente en innumerables rituais visionarios, de sanación, purificación, sabedoría, e de unión. En homenaxe ao sacro lume e todas as tradicións ancestrais facemos unha ofrenda aos deuses do lume de moitas culturas cun espectáculo de lume místico. Con moito ritmo e sen palabras, unha forma misteriosa de transformar as técnicas presente en «Circo de Lume» a un show espiritual, ancestral pero tamén moi contemporáneo. Interpretado por unha parella unida polo amor, o circo e a paixón polo lume, estes dous artistas fan que este espectáculo luza de efectos visuais impresionantes. Son malabaristas e actores xogadores con ampla e longa experiencia no mundo das artes escénicas, dignifican o motivo dos actos con lume.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android