19:30
Cantaxoga

Cantaxoga

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
“Cantaxoga” é un espectáculo de teatro e música onde María Campos e Carlos Yus interpretan cancións dos discos “Canta connosco!” e “Pan de millo” acompañados por unha banda de pulgas (a música e os coros están gravados pero as voces solistas son ao vivo) e realizan sktechs cómicos relacionados cos contidos das cancións.

Entre outros obxectivos, este espectáculo ten como finalidade demostrar que na lingua galega, ademais da música tradicional, teñen cabida todos os estilos e tendencias musicais: rock, cumbia, rap, reagge, pasodobre, rumba, fusión étnica…

Un dos sktechs é o relativo ao “O rap da lingua“, onde se anima dun xeito humorístico as nais e os pais e as persoas adultas en xeral a falarlle en galego á cativada.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android