16:30
Varietes do animalario

Varietes do animalario

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Nun contexto humorístico e divertido, a raposa e o lobo vense envoltos nun conflicto pola propiedade dunha pereira con sete peras, á que misteriosamente lle van desaparecendo as peras unha a unha. No texto vense cuestionados os roles habituais que teñen a raposa e o lobo nas cultura galega de tradición oral; os dous vólvense vexetarianos, son rexeitados polos seus grupos habituais de compañía e acaban sendo compañeiros a causa do amor pola Pereira coas sete peras. Todo isto, acampañados das características humorísticas clásicas da tradición de títeres galega: os enredos lingüísticos, a cachiporra, a astucia do heroe e do antiheroe….

O punto de partida para este texto orixinal é unha cantiga de tradición oral recollida no libro Músicas do Courel de Xosé Luis Foxo. Nela, a raposa e o lobo, están fatigados o pé dunha Pereira, e distintas persoaxes, ao modo das retahílas asociativas moi habituais na tradición oral galega, aparecen na canción, sen outro obxetivo ca “provocar” unha historia surrealista e con claros tintes onomatopéicos e de enredo. É con esta canción, explicada con un cartel de diseño contemporáneo, pero ao modo dos clásicos carteis de cego de Literatura de cordel, como remata a obra.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android