10:30 hasta las 21:00
ULISES PASEA LUGO 2024

ULISES PASEA LUGO 2024

ULISES PASEA LUGO é unha programación que celebra o centenario da publicación do Ulises de Joyce en rede con 18 cidades que forman parte da Creative Europe Ulysses European Odissey. Co apoio da Área de Cultura e Turismo do Concello de Lugo celebramos a segunda edición do programa entre o 16 e o 18 de Maio arredor da literatura e gastronomía luguesa, galega i europea.
Aquí atoparedes toda a información sobre o programa >
https://uxionovoneyra.com/segunda-edicion-de-ulises-pasea-por-lugo/


XOVES 16 DE MAIO

10:30h: Café inaugural - La Modernita (Mercado de Quiroga Ballesteros- Centro Uxío Novoneyra)

11:30h: “¿Como soaría o Mercado nos Tempos do Ulises de Joyce?” Reconstrución do espazo sonoro do Mercado na época do Ulises con Xavier Blanco e Martina Ferradáns (Fundación Legar). Praza de Abastos

13h: Brinde literario a cargo de Antom Fortes (Lupercais). Praza do Campo

17h: Mesa I: ”A Literatura gastronómica e a soberanía alimentar onte e hoxe” con María Sánchez, Jorge Guitián, Adrián Lago (Queixos do Castelo) e Román Sánchez (Cooperativa A Carqueixa). Vello Cárcere

18h: Mesa II: “Homenaxe Ánxel Fole: De Yunque a Historias que Ninguén Cree” con
Constantino Bértolo, Branca Novoneyra, Claudio Rodríguez Fer e Juan Soto. Vello Cárcere

20:30h: Brinde literario a cargo de Lois Pérez. Rúa Bispo Basulto



VENRES 17 DE MAIO

17:30h Conversa “Galicia e Irlanda: Do celtismo á recepción do Ulises na literatura actual” con Eusebio Lázaro, Marilar Aleixandre e Felipe Senén. Vello Cárcere
19.30 h. Inauguración da exposición de Jesús Otero Otero-Yglesias: Lestrigóns. Vello Cárcere.

20.30 h: Brinde literario a cargo de Xerardo Quintiá (Lupercais). Restaurante Miraz (Rúa Nova nº 125)

22.30-00.00h: Concerto de balde, ate completar aforo de RADIO OCÉANO. Xira “Un furioso silencio”. Mercado de Abastos


SÁBADO 18 DE MAIO

11h.00h Ruta polo Lugo de Fole con Lidia de la Fuente (Camiños Con Arte). Saída do Pazo de Orbán (Travesía do Miño nº 6)

12.00h Lectura foleana a cargo de Nieves Neira (Lupercais) Estatua de Ánxel Fole tralo Concello.

13.00h Lectura do capítulo VIII do Ulises (Lestrigóns) a cargo do Clube de Lectura Lugo. Portón do Recanto (Rúa Falcón nº 5)

14.00h Brinde literario a cargo de Marica Campo. Portón do Recanto

20.30: KIRENIA DANZA: “Afectos”. Auditorio Municipal Gustavo Freire

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android