00:00 hasta las 00:00
EXPOSICIÓN | “Fa Ce La Fest. Un festival de autor”

EXPOSICIÓN | “Fa Ce La Fest. Un festival de autor”

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Fa Ce La Fest dá un paso adiante e transcende a súa habitual programación musical para conquistar a sala dun museo. Estamos a falar da exposición “Fa Ce La Fest. Un festival de autor”, que estará na Sala de Exposicións Temporais do MIHL. A inauguración terá lugar este sábado 4 de maio, ás 19:00 horas, e contaremos tamén cunha presentación musical a cargo dunha banda creada para a ocasión, os Facela Fabrica, a cal tocará cancións relacionadas coa historia do Facela. 

Esta exposición é un percorrido histórico pola historia do festival a través do deseño gráfico e do labor fotográfico vencellados ao mesmo. Ademais de reafirmar a importancia do Fa Ce La Fest preténdese pór en valor estes traballos. Desta maneira, unha selección de doce cancións marcará unha ruta a través da cal poderedes ver unha coidada selección de carteis e de fotografías froito de case nove anos de traballo a prol dunha xestión e programación musical de vangarda na cidade de Lugo. Ademais dos carteis e das imaxes tamén haberá outro tipo de pezas ligadas á experiencia do festival. Cómpre suliñar que debido a que o Club Clavicémbalo apoia o Fa Ce La dende os seus inicios, haberá un pequeno espazo para resaltar o aprecio que lle temos a esta sala que tanta cultura está a espallar dende 1986.

Nesta exposición poderedes ver o traballo de deseño de Xabi Piñeiro  , Pepe Saavedra  e Vane Lugosi. No apartado fotográfico podedes desfrutar das imaxes de Marcos Loopez Álvarez de VivaLugo  , I. Mouronte B., Adra Pallon , Belen Cordero e Llum   Photography .Tamén hai imaxes e deseños adicionais de boas amizades que nos botaron varias veces unha man como Srtaa Wallace, César Acevedo ou Yesi Soto.

Por que o de “un festival de autor”? Porque consiste nun festival realizado por amantes da música, no que as propostas de calidade son o eixo fundamental do mesmo. A diferencia doutros eventos similares, no Facela non todo xira en torno aos cabezas de cartel, estes grupos son igual de importantes que as bandas menos coñecidas. En calidade de melómanos os seus responsables pretenden que o público descubra música nova. Porque deseñar un festival tamén pode ser xeneroso, didáctico e arriscado. Ademais, as bandas locais e galegas sempre teñen unha importancia notoria no cartel. Por todo iso, trátase dun festival a contracorrente. Un festival de autor. E non esquezades que o Facela non só consiste nun festival, senón nunha programación anual.

Por todo isto e moito máis, ben o sabedes, convidámosvos a acompañarnos o próximo sábado.

Todo esto é posible grazas a Cultura e Turismo de Lugo 
O magnífico deseño do cartel é obra de La Chapera 
O autor do texto e tamén comisario da exposición é Brian Rodríguez Cortiñas
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android