N/D
Lugo Máxico 2024

Lugo Máxico 2024

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Lugo Máxico 2024

Lugo acollerá 17 actividades gratuítas entre o 12 e o 15 de setembro do 2024

ADIANTO Do PROGRAMA
O HULA acollerá sesións de maxia o xoves 12 a partir das 13.00 horas.

A primeira gala do Lugo Máxico 2024 terá lugar o xoves 12 a partir das 11:00 horas coa Gala Colexios que terá lugar no Auditorio Municipal, e que volverá a celebrarse co mesmo horario o venres 13. 

A primeira Gala Unipersonal será tamén o venres ás 21:00 horas no Auditorio e a segunda, o sábado 14 ás 18:00 horas.


Á presentación acudiu tamén Xulio Merino, un dos magos galegos con maior proxección internacional. Foto fonte: Gab. Com. Cultura Concello de Lugo.
Do mesmo xeito, a Maxia na Rúa voltará a Lugo os días 13, 14 e 15, ao igual que a Maxia en Cafés Concerto, que será sempre en horario nocturno ás 00:00 horas. 

O Magomóbil continuará a ter o seu espazo o sábado 14 e o domingo 15 a partir das 11:00 horas e ata ás 17:00 horas, tempo no que os nenos e nenas poderán desfrutar de diversos espectáculos da man de numerosos artistas da maxia.

O Vello Cárcere será escenario de dúas conferencias divulgativas sobre maxia a domingo 15 en horario 10:50 e 12:30, respectivamente. 

A maxia galega e portuguesa volverán a mesturarse na Gala Galego-Portuguesa que se celebrará o sábado 14 ás 21:00 horas no Auditorio Gustavo Freire.

Tamén haberá oco para a maxia internacional na Gala Internacional Lugomáxico que pechará o festival o domingo 15 ás 19:00 horas no Auditorio.

Todas as actividades do Lugo Máxico 2024 serán gratuítas e de acceso libre ata completar a cabida do recinto.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android