00:00 hasta las 00:00
Curso gratuíto de iniciación ao piragüismo | Lugo +XTÍ

Curso gratuíto de iniciación ao piragüismo | Lugo +XTÍ

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
A área de Xuventude, que dirixe o concelleiro Jorge Bustos, organiza un curso gratuíto de iniciación ao piragüismo dentro do +XTÍ, unha programación impulsada polo Concello de Lugo e subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas.

A actividade, que se desenvolverá na contorna da área recreativa de Os Robles, está dirixida á poboación de 14-35 anos empadroada no concello e ofrecerase en dúas quendas en horario de 11.30 h. a 13.30 h.: a primeira do 24 ao 28 de xuño e a segunda do 1 ao 5 de xullo. Tamén se celebrarán roteiros durante os días 9, 11 e 13 de xullo, que terán lugar de 11.00 h. a 14.00 h.

As persoas interesadas en participar no curso de iniciación ao piragüismo poderán inscribirse na web http://www.lugomasxti.org desde o luns 17 de xuño ás 09.30 h.  A oferta total de prazas alcanzará as 30 (10 por quenda e 10 para os roteiros), que se asignarán por rigoroso orde de chegada das solicitudes.

Os requisitos para poder participar nesta iniciativa son saber nadar, levar roupa cómoda e de recambio e, no caso de menores de 18 anos, presentar o día de inicio unha autorización cuberta e asinada polo pai/nai titor/a e copia do dni da persoa que autoriza.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android