20:00 hasta las 23:00
LUGO SEN ARMARIOS | Día Internacional do Orgullo

LUGO SEN ARMARIOS | Día Internacional do Orgullo

Baixo o lema ‘Lugo sen armarios’, o Concello de Lugo a través da área de Igualdade e Inclusión celebrará o Día Internacional do Orgullo o vindeiro venres 28, con esta campaña que reivindica a diversidade e os dereitos de todas e todos, independentemente da súa orientación sexual. Para iso, a concellería que dirixe Ángeles Novo instalará durante unha semana cinco armarios noutras tantas prazas da cidade, nos que a través de códigos QR no interior de cada armario, se poderá acceder ás historias de varios lucenses, de distintas idades, sexos e profesións.

Co obxectivo de cubrir toda a cidade, estas montaxes faranse en diferentes enclaves de Lugo como ao fondo da Praza Maior; Praza do Ferrol; Horta do Seminario; Praza da Milagrosa e Praza de Augas Férreas.

Ás 20.00 horas comezará a manifestación na praza Horta do Seminario, para rematar na praza da Soidade, onde terá lugar a sesión disco, a cargo do DJ Beta, despois da lectura do manifesto.

Máis Orgullo, o 19 de xullo

Dentro do programa do día do Orgullo, a concellería de Igualdade e Inclusión do Goberno local ten prevista ademais a actuación do grupo LocoMía, todo un referente da música electrónica e pop de finais dos anos oitenta e primeiros dos noventa, que marcou un fito pola súa estética transgresora, o seu vestiario e estilo propios.

Será o 19 de xullo, pero como parte do programa municipal para celebrar o Día do Orgullo, na praza Horta do Seminario, cun concerto que comezará ás 21.00 horas coas actuacións do DJ Frisco e de Marcos Peón, para despois dar paso á actuación do novo grupo Loco Mía, posto en marcha polo entón creador do conxunto primixenio, Xavi Font.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android