00:00 hasta las 00:00
Ocio activo para maiores

Ocio activo para maiores

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Ocio activo para maiores

A área de Maiores, porá en marcha un ano máis o programa de actividades físicas na rúa, co que se pretende aproveitar as prazas e parques da cidade como punto de encontro para a práctica deportiva de actividades físicas, ao tempo que se fomenta a socialización dos maiores.

Trátase dunha medida que busca o envellecemento activo, cunha proposta de ocio saudable que arrancará o 1 de xullo e que se prolongará ata o 29 de agosto, con horario de 18.00 a 19.30 horas, e que non precisa de inscrición previa.

Luns e mércores:
Prazas e parques do Castiñeiro, Viana do Castelo, Carballeira de Fingoi e Trapero Pardo

Martes e xoves:
Prazas da Milagrosa, da Igrexa e das Illas, ademais da zona de Abella.

O punto de encontro para as e os que queiran participar serán os distintos centros de convivencia da cidade.

Estas actividades que se iniciaron na época da pandemia na que se impoñía o desenvolvemento de propostas ao aire libre tiveron moito éxito, polo que o Concello de Lugo apostou por mantelas na oferta de ocio activo para os maiores de Lugo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android