10:00 hasta las 13:00
Curso de Iniciación á Hípica e coidados básicos | +XTÍ

Curso de Iniciación á Hípica e coidados básicos | +XTÍ

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
A área de Xuventude, que dirixe o concelleiro Jorge Bustos, abre este luns, 17 de xuño, as inscricións para unha nova actividade do programa +XTÍ: o curso de Iniciación á Hípica e coidados básicos. A iniciativa impulsada polo Concello de Lugo e subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas ten como obxectivo fomentar os hábitos saudables e a prevención de drogodependencias.

As formacións, destinadas exclusivamente a principiantes e noveis, levaranse a cabo no Centro Ecuestre Lvcus Terra e dividiranse en tres quendas, para as que haberá un total de 15 prazas dispoñibles (5 por grupo). A primeira terá lugar do 8 ao 12 de xullo, a segunda do 15 ao 19, e a última do 22 ao 26. Os horarios de actividade, en todas elas, será de 10.00 a 13.00 horas.

A actividade está dirixida a lucenses de 12 a 17 anos, que só poderán participar nun dos grupos programados. As mozas e mozo admitidos recibirán unha notificación antes do 28 de xuño e deberán presentar unha autorización asinada polos seus pais/nais/titores.

As persoas interesadas en participar no curso de iniciación á hípica poderán inscribirse na web http://www.lugomasxti.org desde mañá luns, 17 de xuño, ás 09.15 horas, e estará aberto ata o 27 de xuño, ou ata cubrir o límite de inscricións. As 15 prazas ofertadas se asignarán por rigoroso orde de chegada das solicitudes.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android