10:30 hasta las 19:00
ENCONTRO DE PALILLEIRAS EN BURELA

ENCONTRO DE PALILLEIRAS EN BURELA

O Concello de Burela acollerá o vindeiro 18 de maio o seu XIV Encontro de Palilleiras, un evento organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras “As Encaixeras” que agarda recibir a centos de palilleiras para compartir arte e tradición.

O encontro desenvolverase integramente no Porto de Burela, con horario de mañá e de tarde de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Durante a xornada tamén será posible visitar o Barco Museo “Reina del Carmen”.

A programación comezará coa recepción das palilleiras, dando paso ás 11:30 horas á inauguración do acto, seguida dunha degustación de empanada de merluza e dunha viaxe ó Monte Castelo e á Igrexa Vila do Medio.

Ó mediodía haberá un parón para a comida e xa pola tarde será a quenda dun sorteo de regalos ás 17:30 horas. Durante toda a xornada as palilleiras estarán traballando no porto, intercambiando coñecementos entre elas e amosando a súa arte ós que se acheguen.

En paralelo a este programa tamén haberá unha exposición de mantillas bordadas e mantillas de bolillos procedentes da colección privada de Sol Teijeiro e un obradoiro de Marisa Hermida, “Creación dunha mimosa”, para un grupo de vinte persoas, previa inscrición.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android