Ondas Limpas | Tony Butt
O Concello de Burela e o Burela Club de Surf comprácense de convidarte a participar nestas dúas xornadas técnicas capitaneadas por Tony Butt. O seu nome é unha referencia no mundo do surf das grandes ondas, transmitindo a súa paixón polo surf e tamén polo coñecemento do mar. Doutorado en Oceanografía física, compartirá con nós os seus saberes e prácticas sostibles para unha mellor comprensión do medio mariño.
Salón de Conferencias de Burela
Entender o océano II
Sábado, 12 de outubro de 2024 ás 16:00 horas
Agardámoste! As xornadas son de balde e para todos os públicos con interese en coñecer o funcionamento das mareas, dos ventos e do medio mariño.
Fuente: https://burela.org/es/entender-o-oceano-ii
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar