20:00 hasta las 00:00
Romaría MONTECASTELO - Burela 2024

Romaría MONTECASTELO - Burela 2024

O Concello de Burela acolle a celebración da Romaría de Monte Castelo, que terá lugar entre este venres, día 26 de xullo, e o domingo 28 de xullo. Esta celebración está organizada pola asociación RCM Amigos do Monte Castelo e polo Concello.

Marcos Vázquez, presidente da RCM Amigos do Monte Castelo, sinalou que na festa "ten cabida o relixioso, o musical, o gastronómico, a familia, a amizade... Tendo sempre presentes os valores polos que nos reximos, a educación, o respecto, o coidado do medio ambiente".

Pola súa banda, a alcaldesa Carmela López subliñou que "a Romaría do Monte Castelo é unha parte moi especial dos eventos do verán de Burela, mantendo a tradición da xuntanza entre familia e amizades no noso mirador e área recreativa".

"Desde o Concello de Burela agradecemos unha vez máis a implicación do tecido asociativo na nosa vila, xa que traballando conxuntamente podemos contribuír ao dinamismo da mesma", apuntou a rexedora.

Ao longo dos 3 días de celebración haberá diferentes espectáculos musicais, xogos, un concurso de disfraces e moitas actividades máis.

Fuente: https://burela.org/es/romaria-montecastelo-burela-2024-0
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android