19:00
Carreira Burela Bonita 2024

Carreira Burela Bonita 2024

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
O Concello de Burela acollerá a celebración da 8ª edición da carreira Burela Bonita o 27 de xullo

Burela, 15 de xullo de 2024. O Concello de Burela acollerá a celebración dunha nova edición da carreira urbana Burela Bonita, puntuable no circuíto Duacode-Run Foz Run.

O evento deportivo, que chega este ano á súa 8ª edición, celebrarase o día 27 de xullo, sábado, a partir das 19:00 horas. Estreará un novo percorrido, diferente ao de anteriores edicións.

O concelleiro de Deportes, Carlos Méndez Pena, animou "a toda a veciñanza a participar para repetir as excelentes cifras de participación obtidas en anteriores edicións".

"Estamos seguros de que o novo percorrido da carreira popular, xa asentada como unha das grandes citas deportivas de cada ano en Burela, será do gusto de todas as persoas participantes", engadiu.

As inscricións na categoría absoluta terán un prezo de 8€ ata o día 21 de xullo, e de 10€ do 22 ao 25 de xullo. Por outra banda, nas categorías menores, a inscrición será de balde ata o día 21 e custará 2€ entre o 22 e o 25. Poderanse realizar as inscricións, en liña, na web www.sportmaniacs.com.

A competición comezará ás 19:00 do 27 de xullo coas competicións das categorías menores na praza da Mariña, e ás 20:00 horas será a quenda da carreira 5K. A recollida de dorsais previa será de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas, tamén na praza da Mariña. Máis info en www.runforzun.com e en www.carrerasconencanto.com.

Fuente: https://burela.org/es/carreira-burela-bonita-2024-0
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android