12:00 hasta las 20:00
Doazóns 2015-2023

Doazóns 2015-2023

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
O Museo de Belas Artes da Coruña da a coñecer, nesta mostra, as importantes doazóns de iniciativa particular que tiveron lugar nos últimos 8 anos e trata de resaltar a xenerosidade dos 16 doantes que aportan á colección do Museo un total de 100 obras de artistas galegos do século XX (ademais de dúas obras do século XVII), entre pinturas, debuxos, gravados, escultura e artes decorativas.

Cabe destacar dentro do conxunto, a doazón realizada por dona Elvira Álvarez cun total de 70 pezas, a maior aportación á colección nos últimos anos. Tamén destaca a doazón do pintor Roberto González Fernández cunha serie de 6 lenzos da súa autoría.

Coincide ademais coa pequena exposición inaugurada o pasado 2 de maio sobre a doazón Tomás Barros, e que á coincidencia espacial únese a temática, evidenciando a sensibilidade e o compromiso social de propietarios que, nun xesto de xenerosidade e altruísmo non só impulsan as coleccións do Museo de Belas Artes da Coruña senón tamén permiten o enriquecemento do Patrimonio Artístico de Galicia.

A exposición organízase por orde cronolóxica das doazóns recibidas desde o ano 2015 ata o 2023. Cada doante está representado xunto coas obras que conformaron a súa doazón, agrupándose estas por autores cando é o caso.

Publicarase un catálogo co título Doazóns. 2015-2023. Tamén se pode obter máis información sobre os doadores e os artistas, nesta ligazón do Museo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android