19:30
PRESENTACIÓN DO LIBRO 'ELOXIO DO CONFÍN'

PRESENTACIÓN DO LIBRO "ELOXIO DO CONFÍN"

O artista Manuel Vilariño presenta o seu poemario "Eloxio do confín (Diario)", no Museo de Belas Artes da Coruña.

O poemario, escrito nos inicios da pandemia do 2020, recolle 55 haikus escritos polo artista no bosque próximo á súa casa.

Cada un deles supón, a modo de diario, un reflexo dos seus pensamentos e emocións en relación coa vida e a natureza do seu entorno máis próximo, condensando un elemento, unha árbore, un canto dun paxaro ou unha lembranza, coma se dunha fotografía se tratase.

Na presentación, que terá lugar do Salón de actos do museo, participarán o pianista Julio Mourenza, Miguel Fernández-Cid, director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), e o fotógrafo e poeta Manuel Vilariño. Estarán acompañados pola directora do Museo de Belas Artes da Coruña, Ángeles Penas Truque.

LUGAR: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

DATA: Xoves, 13 de xuño de 2024

HORA: 19:30h
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android