11:00 hasta las 22:00
AS FEIRAS DE 1900

AS FEIRAS DE 1900

AS FEIRAS DE 1900 

No Concello de Curtis aman os mercados. O de Curtis do século XXI é herdeiro das feiras de hai un século, que se instalaban ao redor da estación de ferrocarril, inaugurada en 1883, e que axudou ao crecemento e á dinamización deste pobo.

Esta feira sempre foi xeradora de vida social e económica, pero tamén punto de confluencia de necesidades e de costumes. É e foi lugar de afectos, que converten aos curtienses nos mellores anfitrións, amables e acolledores.

En Curtis queren lembrar e homenaxear a súa historia, a das feiras, a dos aromas, a do bulicio, a das voces de vendedores e compradores, a dos tratantes e a dos animais expostos… A mellor tradición nesta terra galega.

Convidámosvos a revivir con eles estas sensacións e transportarte no tempo para sentir a experiencia.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android