00:00 hasta las 00:00
EXPOSICIÓN | Vestigia (Ana Cabanes Fontao)

EXPOSICIÓN | Vestigia (Ana Cabanes Fontao)

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
EXPOSICIÓN | Vestigia (Ana Cabanes Fontao)

Do 1 de agosto ata o 13 de outubro
Celas de mulleres 1ª planta

_______________

Ana Cabanes Fontao (A Coruña, 1991). Artista plástica e visual.

Estudou serigrafía artística, artes aplicadas da escultura, Belas Artes e investigación e creación en arte contemporánea.

As súas propostas artísticas céntranse en unir arte e vida. Dende diferentes perspectivas traballa con temas como a natureza, o ser humano ou os diferentes elementos cotiáns que nos rodean dende unha mirada crítica de diversas situacións. Explora estas temáticas para transformalas e transmitir os seus intereses a través das obras, falando tamén do que é.

Dende hai uns anos o seu traballo céntrase na contaminación plástica do planeta e todas as súas vertentes. Traballa con este material que recolle nas diferentes costas ás que se despraza, contando as súas historias. A través da utilización de formas orgánicas e da cor, que xa contén este material, fala do pasado, do presente e do futuro, creando con el un camiño e mostrando este material como un reflexo da nosa historia.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android