18:00
Caxoto: Grandes éxitos 2004-2024

Caxoto: Grandes éxitos 2004-2024

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Casa da Cultura de Burela
Sábado 5 de outubro de 2024 ás 18:00 horas
Entrada: Libre
Público: Infantil/Familiar

Neste ano 2024 Caxoto cumpre 20 anos enriba dos escenarios contando contos por toda Galicia e media España. En todo este tempo o conto foi o principal ingrediente do seu traballo… pero non o único! Se os contos foron o sal, a música foi a pementa.

A través das cantigas tradicionais, dos xogos musicados, dos instrumentos peculiares,… Caxoto foi xuntando todo un amplo repertorio musical que vai dende o jazz chairego de Manuel María, á bossa nova mariñeira, pasando pola nosa rica tradición musical e as cantigas infantís de toda a vida. E todo no mellor acompañamento musical posible: Gaita, pandereta, ukelele, whistle, ácordeón, birimbao, xilófono,…

Para celebrar as dúas décadas vivindo do conto, Caxoto fai unha selección de todas estas cantigas, contos e xogos neste “Grandes éxitos 2004-2024”. Un espectáculo divertido e participativo para todos os públicos… e todas as gorxas.

+ Info: atrastendadoscontos.com

Fuente: https://burela.org/es/caxoto-grandes-exitos-2004-2024-0
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android