21:00
O auto do Castromil

O auto do Castromil

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Casa da Cultura de Burela
Venres 22 de novembro de 2024 ás 21:00 horas
Entrada: Libre

Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel María e que recibe o apoio de máis de corenta concellos e institucións de Galicia. O espectáculo é protagonizado por un luxoso elenco: Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en anteriores proxectos de Excéntricas.

A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galicia, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos máis armas que o humor e o espírito entroidesco.

O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galicia inconsciente. Está feita con anacos das obras de Manuel María "A rebelión dos baús", "O Auto dos semulados da Caravilla", "Unha vez foi o trebón", "Abril de Lume e Ferro" e o "Entremés da OTAN".

Fuente: https://burela.org/es/o-auto-do-castromil-0
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android