00:00 hasta las 00:00
Exposición temporal – Jorge Serrano

Exposición temporal – Jorge Serrano

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
A obra recente do artista galego Jorge Andrés Serrano inclúese dentro dun proxecto onde se exploran os límites entre natureza e artificio, consciente e subconsciente, realidade e apariencia, morte e vida, resultando nunha sorte de realismo perverso.

Fórmana unha serie de pinturas nas que os antigos daguerrotipos ou a arte póvera serven como parte fundamental do imaxinario do artista, e nas que se abordan temáticas que xeran unhas imaxes que se moven entre o tenebrismo, o macabro e mesmo o kitsch.

Jorge A. Serrano naceu na Coruña en 1984 e cursou estudos de arte na Universidade de Vigo e na Universidade Politécnica de Valencia. Posteriormente compaxinou a súa labor artística coa actividade docente como mestre na Escola de Artes e Oficios de Vigo ou impartindo docencia e talleres en diferentes centros educativos e culturais. Actualmente adícase plenamente á actividade artística, residindo e posuíndo o seu taller na cidade de Pontevedra.

O seu traballo participou nos últimos anos en diferentes mostras individuais e colectivas en España e Portugal, e agora poderá contemplarse en O Vello Cárcere unha selección do mesmo nunha exposición constituída por trece obras representativas da etapa actual do artista.

Do 26 de agosto ao 31 de outubro
Celas de homes: planta baixa
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android