Tes o a volta do verán aínda por dixerir e non sabes por onde empezar de novo? Non te preocupes, porque volvemos á carga! Retomamos as Meetups de WordPress Lugo coa forza e as ganas de sempre. Desta volta, faremos algo especial. Unha mesa redonda onde falaremos de como foron dous grandes eventos: o WordPress Day de Lugo do 31 de agosto e a WordCamp Pontevedra do 20 ao 22 de setembro. Que aprendemos? Que conclusións tiramos? Como podemos aplicar todo iso nos nosos proxectos? Aquí non hai guión, a palabra é de todas e todos! E por se iso fose pouco, abrimos a nova tempada! Así que, se tes ideas, gañas de sumar á organización ou propostas para futuros encontros... esta é a túa oportunidade! 📅 Quedamos o próximo xoves 26 de setembro, ás 19:00 horas onde sempre, no Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n). 🍻 Rematamos, como non, cun bo networking acompañado duns petiscos grazas ao noso patrocinador LucusHost.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar