19:00
Meetup WordPress

Meetup WordPress

Tes o a volta do verán aínda por dixerir e non sabes por onde empezar de novo?

Non te preocupes, porque volvemos á carga!

Retomamos as Meetups de WordPress Lugo coa forza e as ganas de sempre.

Desta volta, faremos algo especial. Unha mesa redonda onde falaremos de como foron dous grandes eventos: o WordPress Day de Lugo do 31 de agosto e a WordCamp Pontevedra do 20 ao 22 de setembro.

Que aprendemos? Que conclusións tiramos? Como podemos aplicar todo iso nos nosos proxectos? Aquí non hai guión, a palabra é de todas e todos!

E por se iso fose pouco, abrimos a nova tempada!

Así que, se tes ideas, gañas de sumar á organización ou propostas para futuros encontros... esta é a túa oportunidade!

📅 Quedamos o próximo xoves 26 de setembro, ás 19:00 horas onde sempre, no Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).

🍻 Rematamos, como non, cun bo networking acompañado duns petiscos grazas ao noso patrocinador LucusHost.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android