20:15
MASA CRÍTICA LUCENSE

MASA CRÍTICA LUCENSE

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
MASA CRÍTICA LUCENSE 

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade.

Este evento celébrase mensualmente en moitísimas cidades de todo o mundo, entre elas Lugo, baixo o lema "Pedalea tódolos días, celébrao unha vez ao mes". A Masa Crítica é un movemento descentralizado, actuando a proposta d@s participantes.

Reunímonos toódolos últimos xoves do mes, ás 20:15 na Praza Maior (diante do Concello).

Entre os obxectivos da nosa Masa sobre rodas podemos destacar:

- Divulgar e promover o uso da bicicleta como medio de transporte eficaz (barato, san, non contaminante e rápido).

- Crear condicións favorables necesarias para o uso da bici como medio de transporte.

-Promocionar e apoiar paralelamente outros medios de transporte alternativos ao coche privado, asi como promover a súa compatibilidade e complemetariedade coa bicicleta (ex. transporte público).

+INFO
https://www.facebook.com/groups/masacriticalugo/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android