Roma città aperta / Roma, cidade aberta (Roberto Rossellini - 1945) Ciclo | Catro movementos cinematográficos (VOSE) Lun, 21/10/2024 - 19:30 Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere SINOPSE Segunda Guerra Mundial. Estando Roma ocupada polos nazis, a temible Gestapo trata de arrestar ao enxeñeiro Manfredi (Marcello Pagliero), un comunista que é o líder do Comité Nacional de Liberación. Pero na redada Manfredi consegue escapar e pide axuda a Francesco, un camarada tipógrafo que nuns días casará coa súa noiva Pina (Anna Magnani), unha viúva cun neno. Ademais o cura da parroquia, Don Pietro (Aldo Fabrizi), tamén apoia a causa e tenta axudar a Manfredi e os partisanos da resistencia. Pedra fundamental do neorrealismo italiano e recoñecida universalmente como obra mestra. Premios 1946: Nomeada ao Óscar: Mellor guión. 1946: Festival de Cannes: Palma de Ouro. 1946: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor película estranxeira. 1946: Asociación de Críticos Norteamericanos (NBR): 2 premios: Mellor actriz (Anna Magnani), e Mellor filme estranxeiro
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar