À bout de souffle / Ao final da erscapada (Jean-Luc Godard - 1960) Ciclo | Catro movementos cinematográficos (VOSE) Dom, 20/10/2024 - 19:30 Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere SINOPSE Michel Poiccard (Jean-Paul Belmondo) é un ex-figurante de cinema admirador de Bogart. Tras roubar un coche en Marsella para ir a París, mata fortuitamente a un motorista da policía. Sen remorso algún polo que acaba de facer, prosegue a viaxe. En París, tras roubar diñeiro a unha amiga, busca a Patricia (Jean Seberg), unha moza burguesa americana, que aspira a ser escritora e vende o New York Herald Tribune polos Campos Elíseos; soña tamén con matricularse na Sorbona e escribir algún día nese xornal. En Europa cre achar a liberdade que non coñeceu en América. O que Michel ignora é que a policía o está buscando pola morte do motorista. VOSE Premios 1960: Festival de Berlín: Oso de Prata - Mellor director. 1960: Premios do Sindicato de Críticos de Cinema Franceses: Mellor película. 1961: Premios BAFTA: Nomeada a Mellor actriz estranxeira (Jean Seberg).
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar