20:30
Terceiro acto - Centro Dramático Galego

Terceiro acto - Centro Dramático Galego

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir de 14 anos

Sinopse:
Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida. Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro...

CONDICIÓNS

  • As persoas adultas que acompañen aos nenos e nenas aos espectaculos terán que retirar tamén entrada. Entregaranse un máximo de catro entradas por persoa.
  • Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamnete autorizados.


  • Fuente: https://entradaslugo.es/evento/terceiro-acto?type=teatro
    Download App iOS
    VIRAL App
    Download App Android