12:00
Mimesis

Mimesis

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
É o que ves. Somos o que vemos. A tribo se reune para o ritual iniciático da vida. Como nun espello, moldeamos o reflexo daquilo que nos rodea reinterpretándoo para chegar a ser o que somos. Antes de Nada, Todo NON era.Mimesis constrúese ao redor da imitación como vía de relación co mundo que nos rodea, aprendemos porque repetimos aquilo que vemos. Formamos parte dunha comunidade e dunha contorna natural que nos serven de referencia para a cosntrución do que chegaremos a ser. A modo de ritual non vebal comunicámonos entre nós, comunicámonos convosco, vos comunicais connosco e no xogo da repetición o espazo que habitamos transfórmase. Mimesis concíbese como un ritual escénico para a primeira infancia e as súas familias, que constrúe un ecosistema escénico para que sexa habilitado por intérpretes e familias participantes.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android