Praza do Obradoiro - Catedral de Santiago
Praza do Obradoiro - Santiago de Compostela
Las Edades del Hombre
Desde o mes de xuño a cripta do Pórtico da Gloria e o mosteiro de San Martiño Pinario exhiben unhas 170 pezas de arte sacra realizas por artistas de renome como Murillo ou Salvador Carmona, que forman parte da exposición itinerante Hospitalitas. A graza do encontro, impulsada no marco dunha nova edición de Las Edades del Hombre.
A Xunta de Galicia colabora coa prestixiosa Fundación Las Edades del Hombre na celebración desta vixésimo sétima edición que, ao longo dos seus 26 anos de historia, ten sido exhibida en diferentes territorios como Bélxica e Estados Unidos, entre outros, acadando 12 millóns de visitantes; cun total de 5.228 pezas de arte e a restauración doutras 2.000.
Las edades del hombre viaxa a Santiago cun proxecto centrado na hospitalidade, reflectindo a importancia que no Camiño de Santiago este valor e que, por tanto, se incorpora para esta edición ao título da mostra.
O fío condutor basearase nas palabras do Libro V do Códice Calixtino, a primeira guía do Camiño, nas que se refire á hospitalidade, caridade, acollida e solidariedade. Estes termos están recollidos no Scripotrium compostelán impulsado polo Arcebispo Xelmírez que continúan a ter vixencia no ámbito das peregrinacións a Compostela.
O comisariado da exposición na capital galega está integrado polo director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela, Daniel Lorenzo, e o director técnico-conservador do Museo desta mesma catedral, Ramón Yzquierdo.
Fuente: https://www.cultura.gal/gl/evento/112795/2/142998
Praza do Obradoiro - Santiago de Compostela
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar