13:00 hasta las 20:00
Vespa velutina: unha invasión imparable

Vespa velutina: unha invasión imparable

O Museo de Historia Natural da USC, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA), o CIFP Politécnico de Santiago e diferentes grupos de investigación das universidades galegas, presenta esta exposición Vespa velutina: unha invasión imparable.

A exposición explica os danos e ameazas que a vespa representa para a nosa biodiversidade, saúde e seguridade cidadán e os principais impactos socieconómicos, principalmente no sector da apicultura. Ademais, preséntanse os resultados de diferentes liñas de investigación sobre diversos métodos de control, como son a loita biolóxica, os biocidas e o emprego de trampas eléctricas.

Antes da inauguración, o Museo desenvolverá un encontro entre investigadores das universidades galegas e representantes da AGA e doutros colectivos, co obxectivo de intercambiar experiencias e analizar propostas para o deseño de estratexias na loita contra a vespa velutina.

Vespa velutina: unha invasión imparable

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=88426
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android