20:30
Fillos do Sol

Fillos do Sol

Elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Vos Eoas.

Dacabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, o bardo bergantiñán, xa octoxenario e consumido pola neurose dos seus últimos anos, compara as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nado da súa perturbación e a criada nova da pensión na que está albergado.

Unha coprodución do FIOT de Carballo e Contraproducións, baixo o auspicio da Fundación Eduardo Pondal, para celebrar o 100 aniversario da morte do bardo bergantiñán.

Elenco artístico: César Cambeiro / Adrián Ríos / Alba Bermúdez

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=85970
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android