11:00 hasta las 20:00
Xulio Maside. Parellas

Xulio Maside. Parellas

Aínda que nacido en Vigo en 1933, Xulio Maside vive desde os sete anos en Compostela na casa familiar da Rúa do Vilar nº 42 á beira do seu tío Carlos Maside.
O ámbito en que transcorre a súa infancia e mocidade tivo que suscitar nel a curiosidade pola pintura, como el mesmo afirma no ensaio A miña lembranza de Carlos Maside. Débelle ao seu tío o ensino da conduta moral, o comportamento cívico, e a súa fidelidade e amor a Galicia, a transmisión da súa bagaxe intelectual así como o contacto diario co traballo do pintor no estudo, a correcta utilización das técnicas e o prematuro coñecemento das vangardas. Carlos déixase sentir nos tanteos iniciais e nas primeiras paisaxes, pero Julio que debuxa desde que pode soster un lapis na man, vai madurando independentemente desde o punto de vista formal e conceptual. Cores, liñas e manchas van configurando a súa estética persoal. Homes e mulleres representados xunto a uns determinados motivos (gatos e cabalos, cobras e cabalos, os cans, o espello, os dados, grandes paxaros e pajarillos), son elementos icónicos que dan á súa obra a autoría que a caracteriza. A miña paisaxe é a figura humana di Xulio Maside, posición que defende na composición dos grupos, nas parellas, nos tríos, nas danzas, nos retratos, nas sombras e figuracións.
A Fundación Eugenio Granell acolle para esta Exposición unha selección da súa obra que abarca de 2014 ata 2021, despois da gran retrospectiva celebrada no Auditorio de Galicia, en 2014, baixo o comisariado de Mercedes Rozas.
A presente Exposición está composta de preto de setenta pezas que titulamos: As Parellas. A peza de gran formato ?Luci e máis eu? de 2014, quere ser representativa da mostra xa que concilia obras anteriores coas posteriores que parten dela, con distinto formato e entidade. Compoñen un conxunto de pinturas emparentadas en ritmo e poesía, erotismo e humor. Acrílicos, colaxes, acuarelas, carboncillos, debuxos a man alzada, óleos de mediano e gran formato, dan conta do mundo de Xulio Maside, dos sentimentos máis líricos e musicais en tempos de confinamento e pandemia. A historia do ser humano e a súa grandeza.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=89524
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android