11:00 hasta las 20:00
Philip West. O amor e a muller

Philip West. O amor e a muller

En 1996 Philp West sabía que os seus días estaban a terminarse. Estaba namorado e sabía que deixaba atrás un futuro prometedor. Era un home novo. Ese ano pintou un óleo simbólico e importante, Veciños. Á esquerda do lenzo hai unha M pintada en marrón sobre un fondo laranxa. A M está cuberta de casiñas e edificios. A W en verde, está delineada con cor laranxa e o fondo, en tons verdes e negros, está cuberto de cruces. A M é Marián e a W West. Obra creada sinceramente representando a traxedia que se achegaba. A nosa exposición iníciase con este óleo. Philip, morréndose de cancro, dedícallo á súa compañeira Marián Torrens de Zaragoza.

A exposición está dedicada á muller e máis explicitamente á muller amada. As obras son unha manifestación importante do concepto do automatismo na arte surrealista. Os óleos convértense en paisaxes oníricos, de soño, «onde fragmentos de figuras antropomorfas fusiónanse de maneira incoherente situándose en limitadas chairas.»(Antonio Garrido)

Non facía moito, Marián e West, fixeran unha viaxe á India así que escollín unha obra que me lembra a arte dese país. Á dereita, sobre un fondo vermello e azul cuberto de letras musicais, libremente flota unha parella. A imaxe á esquerda, é de gran interese para min polo sol vermello de paixón que sobresae así como o triángulo negro creado por aves en voo e que se amontoan no recuncho superior esquerdo de maneira que non poden escapar. O óleo tamén foi pintado en 1996.

As obras de Philip West repiten temas. Un deles, o da parella pode verse nesta exposición; parellas bailando con certa alegría como nas Sen título e Ritos de paso. A terceira obra na que a parella xa non está no centro pero que baila quizais cansa, parece facelo sen ganas. Actitude reflectida ao pintar a cabeza da muller inclinada sobre o ombreiro do home.

O corpo espido da muller, eterno tema na arte, como en Muller forzuda, tamén de 1996 na que o artista se adianta á nosa preocupación actual sobre a importancia da muller.

O óleo Sen título de 1986 ofrece unha muller espida e suxestiva dentro dunha forma masculina sen cara.

As outras obras na exposición poden apreciarse pola presenza do feminino como os zapatos vermellos de tacón en Ascending/Descending que o artista contrapón ao home líquido á esquerda, un río en forma humana pola que a auga flúe cara á cabeza. Na pelacorpo, a mesma figura azul está presionada por unha pistola na parte superior do óleo que se metamorfosea nun zapato negro feminino cun gran tacón. Philip dinos que nas súas obras «Hai metamorfoses e, como surrealista, non son o mesmo que fai dez anos. Para min, agora, o surrealismo é vivir a vida coma se fose un poema. Como non se onde vou, trato de gozar da viaxe». Isto escribiuno (tamén era bo escritor) en 1996 en Heraldo de Aragón, o 17 de xaneiro de 1996.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=89522
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android