11:00 hasta las 20:00
Gra(fo)nemas

Gra(fo)nemas

Os libros son o vehículo máis antigo da cultura, da palabra e do saber. Transportan ideas, pensamentos, historias reais, historias fantásticas e incluso rexistran as vidas, facéndoas perdurar no tempo. Nesta peza escultórico-sonora, o libro e a súa historia son os protagonistas. A obra Gra(fo)nemas de Miryam Pato interactúa e comunícase co público.

Na súa forma atopamos unha escultura piramidal, cuberta con libros, que emite sons cando nos achegamos a ela ou deambulamos pola habitación. A peza sente a nosa presenza e narra a súa historia por medio dunha rede sonora creada no seu interior. Emite unha serie de efectos (movemento das árbores, escrituras a man, lecturas do seu contido...) para contarnos o seu percorrido. A escultura fala en voz baixa de forma constante alterando o volume e alternando efectos de son. Ademais deste ambiente, pola sala distribúense outros efectos que se reproducen cando notan a presenza humana.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=90393
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android