11:00 hasta las 20:00
Arte e memoria democrática: a guerra e o seu relato na arte contemporánea en Galicia

Arte e memoria democrática: a guerra e o seu relato na arte contemporánea en Galicia

Unha exposición organizada polo Concello, na que, a través da expresión artística, convídanos a unha reflexión sobre o impacto dos conflitos armados sobre as persoas. 

A exposición permanecerá aberta ata o próximo 8 de xaneiro na Casa Museo Casares Quiroga. Inclúe gravados como os 'Desastres da Guerra', onde Francisco de Goya reflicte, cunha visión moderna e comprometida, a violencia, a crueldade e a morte; tamén o traballo de Pablo Picasso, cos seus gravados de 'Soño e mentira de Franco', a través dos que denunciou o levantamento militar que provocou a Guerra Civil.

A exposición reúne, ademais, obras de recoñecidos artistas como Castelao, Luís Seoane, Arturo Souto, Isaac Díaz Pardo, Manuel Colmeiro, Xosé Conde Corbal e Xaime Quessada, que tamén se posicionaron en contra da violencia, a represión e a guerra. Todos eles canalizaron, por medio da arte, o seu compromiso e denuncia contra o sufrimento.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android